Páxina Principal / Actividades / Actividades para Colectivos de Amas de Casa
Actividades para Colectivos de Amas de Casa.-
Dirixida a:
Grupos organizados de amas de casa, asociacións de mulleres rurais, vocalías veciñais da muller, etc.
Duración:
90 minutos.
Todos os fins de semana do ano Semana santa e festivos. Todos os días dende o 15 de Xuño ata o 15 de Setembro.
Obxetivo:
Quérese propiciar un encontro lúdico có Medio Ambiente para estes colectivos e informar e sensibilizar as mulleres para promover cambios de actitudes na súa vida cotiá e no seu entorno familiar. Consiste nunha visita a Aula da Natureza, visita o Centro de Recuperación e un itinerario ambiental por unha zona adaptada as características do grupo.
Normas de Visita
- Grupos dun máximo de 25 persoas (máximo 50 participantes/día)
- Recoméndase preparación previa
- Levar calzado e roupa cómodos, axeitados ó monte e as inclemencias meteorolóxicas.
- Recoméndase levar roupa de abrigo.
- Non arrincar plantas, flores nin follas.
- Non molestar os animais.
- A visita ó Centro de Recuperación estará condicionada ás necesidades do propio Centro, e sempre que a visita non supoña molestias para a fauna en recuperación.
