Páxina Principal / Actividades / Actividades para Campamentos e Asociacions.-
Actividades para Campamentos e Asociacions.-
Dirixida a:
Grupos organizados de rapaces ou adultos pertencentes a Asociacións culturais, veciñais, ambientais, deportivas, campamentos urbanos, campamentos de verán, etc.
Duración:
120´ Todos os fins de semana do ano Semana santa e festivos. Todos os días dende o 15 de Xuño ata o 15 de Setembro.
Obxectivos:
Quérese promover o desenrolo de programas de Educación Ambiental nos seus ámbitos de actuación. Consiste nunha visita á Aula da Natureza, visita ó Centro de Recuperación (unicamente en grupos reducidos) e un itinerario ambiental polo contorno da Aula e do Parque.
Normas de Visita
- Grupos dun máximo de 25 persoas (máximo 50 participantes/día)
- Recoméndase preparación previa
- Levar calzado e roupa cómodos, axeitados ó monte e as inclemencias meteorolóxicas.
- Recoméndase levar roupa de abrigo.
- Non arrincar plantas, flores nin follas.
- Non molestar os animais.
- A visita ó Centro de Recuperación estará condicionada ás necesidades do propio Centro, e sempre que a visita non supoña molestias para a fauna en recuperación.
