Actividades para Educación Especial.-
Dirixida a:
Grupos pertencentes a centros de educación especial, diminuídos físicos, psíquicos e sensoriais, e en xeral a calquera grupo con características especiais, xa sexan temporais ou permanentes.
Obxetivo:
Nesta actividade se quere propiciar que ós colectivos de persoas con algunha ou algunhas diminucións ou discapacidades físicas, psíquicas ou sensoriais, teñan o contacto, por outra parte necesario, co medio natural cos rodea. Consiste nunha visita a Aula da Natureza, visita o Centro de Recuperación e un itinerario ambiental por unha zona adaptada as características do grupo
Duración:
90 minutos, aínda que pode variar en función das características concretas de cada grupo.
Os responsables do grupo terán que indicar con anterioridade á visita a duración, o número de participantes, e características especiais.
Realizase todo o ano de luns a venres.
Normas de Visita
- Grupos dun máximo de 25 persoas (máximo 50 participantes/día)
- Recoméndase preparación previa
- Levar calzado e roupa cómodos, axeitados ó monte e as inclemencias meteorolóxicas.
- Recoméndase levar roupa de abrigo.
- Non arrincar plantas, flores nin follas.
- Non molestar os animais.
- A visita ó Centro de Recuperación estará condicionada ás necesidades do propio Centro, e sempre que a visita non supoña molestias para a fauna en recuperación.
