Páxina Principal / Actividades / Actividades para Escolares / Coñece o Centro de Recuperación de Fauna Silvestre
Coñece o Centro de Recuperación de Fauna Silvestre.-
Dirixida a:
Educación primaria Educación secundaria Formación profesional Formación ocupacional
Duración:
90’
Durante todo o curso escolar
De luns a venres
Obxectivos:
Os obxectivos desta actividade son: coñecer o funcionamento dun centro de recuperación de fauna silvestre, coñecer as distintas fases de recuperación e saber que facer cando se atopa un animal ferido. Consiste nunha visita á Aula da Natureza e visita á zona de aves irrecuperables do Centro de Recuperación.
Normas de Visita
- Grupos dun máximo de 25 persoas (máximo 50 participantes/día)
- Recoméndase preparación previa
- Levar calzado e roupa cómodos, axeitados ó monte e as inclemencias meteorolóxicas.
- Recoméndase levar roupa de abrigo.
- Non arrincar plantas, flores nin follas.
- Non molestar os animais.
- A visita ó Centro de Recuperación estará condicionada ás necesidades do propio Centro, e sempre que a visita non supoña molestias para a fauna en recuperación.
