Encontros coa Natureza.-
Dirixida a:
Educación infantil, escolas infantís e preescolares.
Duración:
90’ Durante todo o curso escolar De luns a venres
Obxectivos:
Esta actividade quere propiciar un primeiro acercamento á natureza para nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 5 anos. Consiste nunha visita á Aula da Natureza, visita ó Centro de Recuperación e un itinerario ambiental.
Normas de Visita
- Grupos dun máximo de 25 persoas (máximo 50 participantes/día)
- Recoméndase preparación previa
- Levar calzado e roupa cómodos, axeitados ó monte e as inclemencias meteorolóxicas.
- Recoméndase levar roupa de abrigo.
- Non arrincar plantas, flores nin follas.
- Non molestar os animais.
- A visita ó Centro de Recuperación estará condicionada ás necesidades do propio Centro, e sempre que a visita non supoña molestias para a fauna en recuperación.
