Home e Natureza a través do Tempo.-
Dirixida a:
Educación primaria, Educación secundaria, Formación profesional, Formación ocupacional
Duración:
120’
Durante todo o curso escolar
De luns a venres
Obxectivos:
Esta actividade quere xuntar a divulgación e a conservación do patrimonio histórico arqueolóxico có entorno natural no que se atopa. Consiste nunha visita á Aula da Natureza e un itinerario ambiental polos xacementos arqueolóxicos megalíticos e da idade do Bronce.
Normas de Visita
- Grupos dun máximo de 25 persoas (máximo 50 participantes/día)
- Recoméndase preparación previa
- Levar calzado e roupa cómodos, axeitados ó monte e as inclemencias meteorolóxicas.
- Recoméndase levar roupa de abrigo.
- Non arrincar plantas, flores nin follas.
- Non molestar os animais.
- A visita ó Centro de Recuperación estará condicionada ás necesidades do propio Centro, e sempre que a visita non supoña molestias para a fauna en recuperación.
