Itinerarios Ambientais Estacionais.-
Dirixida a:
Educación primaria Educación secundaria
Duración:
90’
Durante todo o curso escolar
De luns a venres
Obxectivos:
Consiste nuns itinerarios de estudio e interpretación do entorno adaptados as diferentes épocas do ano:
- Plantas con flores, na primavera
- A vida nas charcas, en primavera e verán
- Os cogomelos, en outono
- Os froitos do bosque, en inverno
Realízase unha visita á Aula da Natureza e un itinerario ambiental adaptado a cada un dos temas propostos.
Normas de Visita
- Grupos dun máximo de 25 persoas (máximo 50 participantes/día)
- Recoméndase preparación previa
- Levar calzado e roupa cómodos, axeitados ó monte e as inclemencias meteorolóxicas.
- Recoméndase levar roupa de abrigo.
- Non arrincar plantas, flores nin follas.
- Non molestar os animais.
- A visita ó Centro de Recuperación estará condicionada ás necesidades do propio Centro, e sempre que a visita non supoña molestias para a fauna en recuperación.
