O Lago Castiñeiras.-
Dirixida a:
Educación primaria Educación secundaria Formación profesional Formación ocupacional
Duración:
90’
Durante todo o curso escolar
De luns a venres
Obxectivos:
Nesta actividade faise un estudio da Rexeneración do Lago Castiñeiras e da compatibilidade da protección dos ecosistemas co uso como área de disfrute e lecer.
Consiste nunha visita á Aula da Natureza e itinerario ambiental polo contorno do Lago Castiñeiras.
Normas de Visita
- Grupos dun máximo de 25 persoas (máximo 50 participantes/día)
- Recoméndase preparación previa
- Levar calzado e roupa cómodos, axeitados ó monte e as inclemencias meteorolóxicas.
- Recoméndase levar roupa de abrigo.
- Non arrincar plantas, flores nin follas.
- Non molestar os animais.
- A visita ó Centro de Recuperación estará condicionada ás necesidades do propio Centro, e sempre que a visita non supoña molestias para a fauna en recuperación.
