O Bosque Autóctono Galego.-
Dirixida a:
Educación primaria, Educación secundaria, Formación profesional, Formación ocupacional
Duración:
120’ Durante todo o curso escolar
De luns a venres
Obxectivos:
Nesta actividade trabállanse conceptos de ecoloxía, ecoloxismo, interacción social, desenrolo de sensibilidades e compromisos críticos o redor dos bosques, os seus habitantes e os seus xestores. Consiste nunha visita á Aula da Natureza e un itinerario ambiental.
Normas de Visita
- Grupos dun máximo de 25 persoas (máximo 50 participantes/día)
- Recoméndase preparación previa
- Levar calzado e roupa cómodos, axeitados ó monte e as inclemencias meteorolóxicas.
- Recoméndase levar roupa de abrigo.
- Non arrincar plantas, flores nin follas.
- Non molestar os animais.
