Orientación na Natureza.-
Dirixida a:
Educación primaria, Educación secundaria, Formación profesional, Formación ocupacional
Duración:
160’
Durante todo o curso escolar
De luns a venres
Obxectivos:
Os obxectivos desta actividade son: aprender a interpretación de planos, usos do compás, orientación mediante sinais da natureza, orientación nocturna, nocións de supervivencia na natureza, alimentación, refuxio e primeiros auxilios, equipamento básico, etc.
Consiste nunha visita á Aula da Natureza e itinerario ambiental de orientación.
Normas de Visita
- Grupos dun máximo de 25 persoas (máximo 50 participantes/día)
- Recoméndase preparación previa
- Levar calzado e roupa cómodos, axeitados ó monte e as inclemencias meteorolóxicas.
- Recoméndase levar roupa de abrigo.
- Non arrincar plantas, flores nin follas.
- Non molestar os animais.
- A visita ó Centro de Recuperación estará condicionada ás necesidades do propio Centro, e sempre que a visita non supoña molestias para a fauna en recuperación.
