Actividades
Programa Educativo
Actividades destinadas a grupos organizados
Dirixida a grupos organizados, pertencentes tanto ó sistema educativo como a calquera outro colectivo que o demande. Para a realización das actividades é imprescindible a colaboración do profesorado.
Este deberá infundir unha motivación previa n@s alumn@s, non considerando as actividades como simples excursións de esparcimento e diversión, senón explicándolle ós seus alumn@s as características do lugar onde vaise realiza-la actividade, así como cal é o obxectivo da mesma.
Os responsables do grupo terán que indicar con anterioridade á visita a duración e actividade elixida, o número de participantes, e características especiais, de ser o caso (cadeiras de rodas, escaiolas, cegos, xordomudos, etc.).
Os responsables da Aula informarán do contido da visita e as características da mesma, duración, e posibilidades de adaptación a grupos e demandas específicas. Así mesmo facilitarán o asesoramento e materias necesarios para a prolongación do proceso educativo, previa e posteriormente á visita.
Normas de Visita
- Grupos dun máximo de 25 persoas (máximo 50 participantes/día)
- Recoméndase preparación previa
- Levar calzado e roupa cómodos, axeitados ó monte e as inclemencias meteorolóxicas.
- Recoméndase levar roupa de abrigo.
- Non arrincar plantas, flores nin follas.
- Non molestar os animais.
- A visita ó Centro de Recuperación estará condicionada ás necesidades do propio Centro, e sempre que a visita non supoña molestias para a fauna en recuperación.
