Páxina Principal / Fauna
Fauna do Parque de Cotorredondo
O Parque constitúe unha importante zona de refuxio e cría para centos de especies de animais silvestres.
No lago crían de xeito estable parrulos, e os regatos que o alimentan e a xunqueira acollen zonas preservadas para a cría de numerosos anfibios.
Os réptiles están representados en gran variedade de especies de lagartos, lagartixas, cobras e lucións.
Un contorno forestal diverso atrae a ducias de especies de aves en todas as épocas do ano, e son cada vez máis frecuentes as visitas de mamíferos que nos deixan o sinal do seu paso nas pegadas e rastros que podemos atopar. Existen tamén observatorios de fauna con cervos e gamos.

