Páxina Principal / Flora
Flora do Parque de Cotorredondo
Flora.-
O Parque da Natureza de Cotorredondo estructurase ó redor do Lago e os regatos que o alimentan, dando lugar a un espacio singular no que coexisten especies autóctonas con árbores de moi distintas procedencias.
Destacan exemplares de grande interese botánico que forman unha complexa e armónica rede de microsistemas forestais.
No interior do parque pódense atopar mais de 40 especies diferentes de árbores e arbustos, así como plantas, fieitos, musgos, líquenes, fungos e algúns cogumelos.


