Parque da Natureza do Lago Castiñeiras
O Parque da Natureza do Lago Castiñeiras está situado no outeiro do monte San Xulián, en Cotorredondo (Pontevedra).
.....
Emprazado na zona central da Península do Morrazo, pertence a dous termos municipais: Concello de Marín (na parte Norte) Concello de Vilaboa (cara ó Sur) Ocupa na actualidade unha superficie de 70 Ha, e se atopa a unha altitude media de 400 m. sobre o nivel do mar. No parque existen interesantes xacementos arqueoloxicos do periodo Megalítico e da Idade do Bronce, como mámoas e petroglifos, que conforman o chamado “Chan de Castiñeiras”, presidido pola “Mámoa do Rei”, unha das máis grandes de Galicia, recentemente restaurada
